O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 26 de setembro de 2017 (incluído).
O Instituto de Xuventude convocou, na súa séptima edición, os Premios Nacionais de Xuventude co obxectivo de recoñecer e premiar a traxectoria, o esforzo e compromiso de mozos que están a desenvolver unha labor relevante en distintos ámbitos da sociedade, en concreto nas categorías que a continuación se enuncian e que serán premiadas cada unha delas cun premio único en metálico de 3.000€.
- Iniciativas emprendedoras en materia de emprego.
- Comunicación Intercultural.
- Voluntariado.
- Igualdade.
Os Premios Nacionais de Xuventude concédense a mozos e mozas que non superen os 30 anos de idade na data na que finalice o prazo de presentación das candidaturas.
O prazo de presentación de candidaturas finaliza o día 26 de setembro de 2017 (incluído).
A solicitude debe ser presentada pola organización ou entidade que presenta a candidatura do mozo ou moza proposto para o premio. Esta solicitude únicamente poderá ser presentada a través do Rexistro electrónico do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade mediante os formularios do Instituto de Xuventude, para o que é imprescindible ter un certificado electrónico da persoa xurídica que presenta a candidatura. Para incidencias técnicas relacionadas coa presentación electrónica remitir un correo a: cau-servicios@msssi.es
A solicitude e os anexos de participación desta convocatoria están dispoñibles na sede electrónica do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade.