Cal é o prazo de presentación da solicitude?
O Ministerio de Educación convoca bolsas para cursar os seguintes estudos:
- Primeiro e segundo cursos de Bacharelato.
- Formación Profesional de grao medio e de grao superior.
- Ensinanzas artísticas profesionais.
- Ensinanzas deportivas.
- Ensinanzas artísticas superiores.
- Estudos relixiosos superiores.
- Estudos militares superiores.
- Estudos de idiomas en Escolas Oficiais.
- Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional e cursos de formación específicos para o acceso aos Ciclos Formativos de grao medio e de grao superior.
- Formación Profesional básica.
- Ensinanzas universitarias.
As bolsas incluirán algunha ou algunhas das seguintes contías:
- Contías fixas. Serán as seguintes:
- Bolsa de matrícula.
- Contía fixa ligada á renda do estudante.
- Contía fixa ligada á residencia do estudante durante o curso escolar.
- Contía variable. A bolsa poderá incluír, así mesmo, unha contía variable e distinta para os diferentes solicitantes que resultará da ponderación da nota media do expediente do estudante e da súa renda familiar.
Cal é o prazo de presentación da solicitude?
- Ata o 15 de outubro de 2015, inclusive, para os estudantes universitarios.
- Ata o 30 de setembro de 2015, inclusive, para os estudantes non universitarios.
Cómo podo facer a solicitude? A solicitude de bolsa farase a través da páxina web www.mecd.gob.es mediante o formulario online, picando no enlace "Acceso ao servizo online" que figura na parte superior da páxina.
Máis información? Na web do Ministerio de Educación e no BOE do 6 de agosto de 2015.
Documento | Tamaño |
---|---|
bolsas-para-cursar-estudos-non-universitarios-e-universitarios.pdf | 343.47 KB |