A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Dinamización da promoción da saúde e da prevención en entidades xuvenís
Cales son os obxectivos de este curso? Son facilitar a incorporación da promoción da saúde entre as finalidades das entidades xuvenís e analizar e reflexionar sobre as posibilidades das asociacións xuvenís para dinamizar e promover cultura de saúde.
A quen vai dirixido o curso? Ao persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade de 18 a 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.
Cales serán os contidos do curso?
- Promoción de hábitos saudables e prevención.
- Estratexias educativas para a prevención en saúde.
- Educación non formal a promoción da saúde.
- Programas e actuacións en asociacións xuvenís.
O curso é presencial ou a distancia? O curso será a distancia.
Cal é a duración do curso? É de 20 horas.
Cantas prazas se ofertan? Son 50 prazas.
Cando nos podemos inscribir? Do 1 ao 15 de xuño de 2015.
Cando se realizará o curso? A data prevista é do 22 de xuño ata o 30 de xullo.
Onde podemos pedir máis información?
- No teléfono 881 997 604 ou no 881 997 607
- No correo electrónico oixuventude.traballo@xunta.es
Para inscribirse debemos cumplimentar o seguinte formulario http://xuventude.xunta.es/201012026657/xornada-de-informacion-xuvenil-2012.html