NOVAS

Curso de Fotografía Dixital no Concello de Narón, con prazas limitadas, a partires do 7 de xuño

Publicado o 19 de Maio de 2014

A Concellería de Novas Tecnoloxías de Narón, dirixida pola edil María Rodríguez Porto, ven de convocar un Curso de Fotografía Dixital dirixido a tódolos públicos.

Non é preciso ter coñecementos previos de imaxe, e no mesmo abarcaranse tódolos aspectos fundamentais da fotografía.

  • Data de inicio: a partires do 7 de xuño
  • Duración: catro fins de semana consecutivos
  • Inclúe: clases teóricas e safaris fotográficos

 

Os participantes poderán formar parte da elaboración dunha guía natural de Narón, que inclúe unha rodaxe con filmacións aéreas e gravacións dende terra. Ademais, as fotografías realizadas por eles exporanse no Pazo da Cultura, durante o Congreso de Documentalistas e Fotógrafos da Natureza do proxecto ‘El Viaje Polar’, que se celebrará o 13 de setembro de 2014.

  • Prazas limitadas: reservaranse por rigurosa orde de inscrición, ata o 5 de xuño de 2014
  • Matrícula: 50€
  • Horario: Sábados de 16 a 18.30h. clases teóricas - Domingos: saídas fotográficas
  • Inscrición: na páxina do padroado de Cultura www.padroadodecultura.es

 

O principal obxectivo do Curso de Fotografía Dixital é aprender a realizar fotografías dixitais de calidade, para o que resulta preciso coñecer o funcionamento completo da cámara. Aplicaranse ademais as novas tecnoloxías á fotografía dixital, a través do tratamento informático da imaxe para mellorar o resultado final

 

Índice do curso:

  1. A Luz e a formación de imaxes
  2. Partes da cámara
  3. ¿Que cámara debo mercar?
  4. Características a ter en conta á hora de mercar unha cámara
  5. Tipos de cámaras
  6. Cámaras recomendadas
  7. O sensor
  8. Apertura
  9. Velocidade
  10. Como interpretar os valores
  11. Fotografía en modo automático
  12. Fotografía en modo semiautomático
  13. Fotografía en modo manual
  14. Tipos de arquivos
  15. Iso
  16. Enfoque
  17. Medición
  18. Composición
  19. Cor
  20. Balance de brancos
  21. Obxectivos
  22. Accesorios 
  23. Mantemento
  24. Tratamento dixital