NOVAS

Curso de Iniciación á Apicultura

Publicado o 25 de Marzo de 2014

Gústavos o mel? 

Gústavos o mel? Interésavos a apicultura? Temos unha oportunidade para formarnos!

 “Técnicas de apicultura natural sostible”, trátase dun curso teórico/práctico de 80 horas desenvolvido de xeito discontinuo para practicar todas as tarefas requiridas na actividade apícola.

Este curso constitúe unha boa ferramenta para poder introducirse no mundo das abellas desde o punto de vista práctico. Para moitas persoas que intentan empezar a súa andaina como apicultores é moi difícil facelo, xa que é bastante difícil encontrar a algúen que ensine este oficio.

A formación comezará o vindeiro 26 de abril e rematará en setembro coa esmelga e preparación da invernada.

Aquelas persoas interesadas en asistir poden contactar coa Delegación de AGA en Ferrolterra:

Teléfonos: 981 320 798 /  661 378 960

Correo: dagaferrol@hotmail.com

Este curso de Iniciación á Apicultura está patrocinado pola Concellería de Medio Ambiente, enmarcado dentro do programa de Sensibilización e Formación Medio Ambiental. 

Participamos?