Este curso está organizado pola Oficina de Cooperación e Voluntariado da Universidade da Coruña
Esta formacion vai dirixida principalmente a:
- alumnado da UDC e ao resto da comunidade universitaria
- ás persoas voluntarias de OCV
- ás persoas interesadas no coñecemento das causas da desigualdade e a pobreza no mundo, a orixe, evolución e modalidades da Cooperación Internacional ao Desenvolvemento e da Educación para o Desenvolvemento e que queren colaborar con organizacións sociais e ONGD e implicarse e transformar activamente a sociedade
Que enfoque vai ter o curso? O curso terá un enfoque teórico-práctico. Os contidos teóricos serán desenvolvidos con dinámicas que fomentarán a reflexión por parte do alumnado. Utilizaranse recursos audiovisuais e materiais didácticos que facilitarán a comprensión dos procesos de desenvolvemento e a aplicación práctica dos proxectos.
Como se vai estruturar? O curso divídese en 16 horas teórico-prácticas presenciais (2 sesións de 8 horas) e 4 horas prácticas non presenciais. Total: 20 h
O programa para o día 12:
MÓDULO 1: Introdución. Aclaracións conceptuais. (10:00-14:00 H)
- Aproximación aos marcos conceptuais da cooperación ao desenvolvemento.
- Evolución do concepto de desenvolvemento e historia da cooperación ao desenvolvemento. Modelos de desenvolvemento.
- Instrumentos, modalidades e actores da cooperación ao desenvolvemento.
DESCANSO COMIDA: 14:00 – 16:00 h
MÓDULO 2: Xénero e Cooperación ao desenvolvemento. (16:00-18:00 H)
- Aproximación ao concepto de xénero.
- Aparición do xénero na axenda do desenvolvemento.
DESCANSO CAFÉ: 18:00 – 18:30 H
MÓDULO 3: Axuda Humanitaria e de Emerxencia. (18:30-20:00)
- Conceptos clave e Evolución histórica da axuda humanitaria
- Contextos de intervención
Cando se vai celebrar? O curso desenvolverase os días 12 e 13 marzo de 2015.
Onde se vai desenvolver? Na Aula 1.2 do edificio de Apoio ao Estudo, no campus de Esteiro en Ferrol.
Requisitos: necesaria inscrición (Folla de Inscrición) e Carta de Motivación
O prezo? O curso é GRATUÍTO!
+ información:
- http://www.udc.gal/ocv/_galeria_down/Introducion_EpD_e_Cooperacion.pdf
- http://www.udc.gal/ocv/actualidade/2015/Introducion_EpD_Cooperacion_desenvolvemento.htm
Descarga da folla de inscrición: