Como andades de lingua? :)
Pois xa a podedes mellorar un pouco!
O Servizo de Normalización Lingüística organiza un Curso de Lingua Galega de Calidade a partir do mes de novembro do 2013. A finalidade deste curso é a de mellorar as nosas habilidades lingüísitcas e comunicativas.
É un curso que ten límite de prazas: 30. Van ser adxudicadas por orde de inscrición. É convinte que as persoas interesadas teñan polo menos un nivel de competencia lingüística equivalente a un CELGA 3.
Onde vos podedes inscribir? No Rexitro Xeral do Concello, dende hoxe 18 de setembro ata o 25 de outubro, ambos inclusive. Hai que cubrir unha solicitude que vos entregan no propio Rexistro e levar unha fotocopia do DNI ou Pasaporte.
As clases comezan o 4 de novembro e van durar ata o 5 de decembro, van ter lugar os luns e os xoves de 17:00 a 20:00 horas no Local Social Municipal de A Gándar. A duración total do curso é de 30 horas.
Que se vai traballar nesta actividade?
- o cambio na normativa realizado en 2003, os aspectos máis problemáticos á hora de empregar con corrección a lingua galega (como é a interferencia lingüística do castelán na fonética);
- incidirase na importancia do emprego de formas xenuinamente galegas como o infinitivo conxugado;
- no uso dunha linguaxe non sexista;
- e daranse a coñecer os recursos en rede sobre a lingua galega.
Para máis información sobre estes cursos de formación en galego pódese consultar a web do Concello (www.naron.es), chamar ao teléfono 981337700 coa extensión 1516, enviar un email a a.pita@naron.es ou informarse na 5ª planta do Concello.