A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de MEdiación educativa en conflitos xuvenís
Cal é a finalidade deste curso? Facilitar o coñecemento e análise dos elementos necesarios para identificar e previr os factores que inflúen na orixe e desenvolvemento dos conflitos xuvenís.
Cantas horas ten o curso? Ten 25 horas.
Cantas prazas hai? Ofértanse 50 prazas.
Qué contidos ten o curso?
- O conflito como proceso e oportunidade para o cambio.
- Educar para a convivencia e prevención de conflitos.
- Comprender e analizar as situacións de conflito.
- A mediación educativa como estratexia na abordaxe de conflitos.
- Proxectos de mediación no ámbito educativo.
Cal é a modalidade deste curso? O curso realizarase a distancia.
Cando nos podemos inscribir? Do 15 ao 30 de xuño de 2015.
Cando se prevee que se faga? Do 6 de xullo ao 8 de setembro de 2015.
Onde podemos pedir máis información? No correo oixuventude.traballo@xunta.es ou nos números de teléfono 881 997 604/ 881 997 607
Nesta páxina encontraremos o formulario de inscrición: http://xuventude.xunta.es/2013022613516/xornada-de-emprendemento-santiago-de-compostela.html