NOVAS

Cursos AFD 2013: 44 alumn@s camiño do emprego!

Publicado o 07 de Agosto de 2013

Estades no paro? Esta nova interésavos...

Ao longo do ano o Concello de Narón desenvolve unha serie de iniciativas orientadas á formación de desempregad@s coa finalidade de facilitar a súa incorporación ao mundo laboral.

No Centro Municipal de Formación de A Gándara, estanse a impartir tres cursos enmarcados dentro do Programa AFD (Accións Formativas para Desempregados), cofinanciados pola Consellería de Traballo e Benestar e o Fondo Social Europeo.

O Concello de Narón dispón este ano de tres cursos:

  • Atención sociosanitaria a persoas no domicilio: Impartido do 1 de xullo ao 21 de novembro deste ano. A duración do mesmo é de 618 horas, e conta coa participación de 15 alumnas. O horario deste curso é de 08:00 a 14:15 horas.  
  • Montaxe de mobles e elementos de carpintería: Comezou o 3 de xullo do 2013 e estará activo ata o 13 de novembro dete ano, en horario de 08 a 14 horas. Esta acción formativa ten unha duración de 538 horas, e conta coa participación de 14 alumnos.
  • Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais: Este curso de 468 horas de duración, estase impartindo dende o pasado 8 de xullo e ten prevista a súa finalización o vindeiro día 12 de novembro deste ano. O horario é de tarde, e desenvólvese das 15:30 ás 21 horas. Fórmanse nesta acción 13 alumnas e 2 alumnos.

 

Estes tres cursos contan cun módulo de prácticas profesionais en empresas, tod@s aquel@s que resulten apt@s disporán do Certificado de Profesionalidade, que lles acredita no mundo laboral as competencias laborais adquiridas nesta formación.

O pasado 23 de xullo o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar González, visitaron hoxe o Centro Muncipal de Formación de A Gándara.