Estaría ben aprender ou perfeccionar un idioma, abofé que si! Ou coñecer novos países e culturas, non? Sobre todo mellorar a túa formación de para saír ao mundo laboral?
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado en colaboración cos organismos de xuventude das comunidades autónomas de varias comunidades autónomas, pon en marcha o programa de Cursos de Idiomas no Estranxeiro 2014.
Pode todo o mundo acceder a este Cursos?
Todos os mozos e mozas con idades comprendidas entre os 14 e os 30 anos.
- Condicións: Os/as menores de idade deberán presentar unha autorización dos seus/súas pais/nais no momento de efectuar a reserva, sen prexuízo de cumprimentar posteriormente os documentos particulares que cada escola determine.
Para os/as menores de 16 anos é obrigatorio contratar o servizo de transfer tanto de ida como de volta (servizo de recollida e desprazamento desde o aeroporto ata o aloxamento).
Que idiomas podemos estudar?
- Inglés en Reino Unido , Irlanda , Australia , Canadá , EE UU , Malta , Nova Zelandia e Sudáfrica
- Alemán en Alemaña e Austria .
- Francés en Francia .
- Italiano en Italia .
- Portugués en Portugal .
- Ruso en Rusia .
Se queredes máis información podedes descargar a Guía do Programa
Cal é o prezo?
Os prezos varían en función do tipo de curso, número de leccións, réxime alimenticio, datas (tempada alta ou baixa), semanas de duración, tipo de aloxamento e outros servizos.
Estes inclúen as clases do idioma elixido e o aloxamento (en familias, apartamentos ou residencias de estudantes). Non inclúen os gastos de viaxe ata o país de destino, gastos de transporte local, as actividades e excursións que sexan opcionais dentro dos programas de cada escola, nin os
traslados.
- OLLO! Os/as posuidores/as do Carné Xove terán un 6% de desconto sobre os prezos ofertados na
DATAS DE INICIO E DURACIÓN
Normalmente os cursos comezan en luns, aínda que algunhas escolas establecen datas determinadas de inicio para os/as principiantes. O aloxamento farase de domingo a sábado, chegando un día antes do comezo do curso e marchando un día despois do remate, salvo que a escola estableza que o aloxamento sexa de sábado a sábado ou de domingo a domingo.
A duración dos cursos é semanal (2, 3, 4 semanas…) e o número de leccións varía dun curso a outro (15, 20, 25 ou 30 lección semanas), así coma o horario.
ALOXAMENTO
Ofrécense distintas opcións: familia, residencia, pisos de estudantes, etc. Cada organización indica o tipo de manutención que inclúe no seu programa (sen comidas, aloxamento e almorzo, media pensión ou pensión completa). As actividades socioculturais e as excursións non sempre están incluídas no prezo do curso.
PRAZO DE SOLICITUDES
Hai que facer a solicitude como mínimo 15 días antes do comezo do curso, en tempada baixa (de xaneiro a maio e de outubro a decembro), e
30 días antes, en tempada alta (de xuño a setembro).
Para os cursos en Estados Unidos e Canadá, 30 ou 60 días antes da data de comezo do curso, dependendo de si se necesita ou non visado de estudante.
Descargade a Guía para obter toda a información
Documento | Tamaño |
---|---|
cursos-de-idiomas-no-estranxeiro.pdf | 313.65 KB |