NOVAS

Cursos de inmersión en lingua inglesa

Publicado o 04 de Febreiro de 2015

Apúntate! Se a 31 de decembro de 2015 non cumpriche 30 anos e obtiveche a condición de bolseiro para Ensinanzas Universitarias, Ensinanzas Artísticas Superiores, outros estudos Superiores ou Formación de Grao Superior.

Os cursos serán impartidos en dúas modalidades: axilidade oral en inglés xeral e inglés especializado.

Ambas especialidades terán unha duración de cinco días e desenvolveranse, nas diferentes provincias, en sistema de internado de domingo pola tarde a sábado a mediodía, entre o 30 de marzo e o 14 de decembro de 2015.

A data límite para presentar solicitudes é o 21 de febreiro de 2015.

Poderá tramitarse en Trámites e servizos en: www.mecd.gob.es

Máis información na mesma web no BOE do 29 de xaneiro de 2015.