NOVAS

Dálle a volta! e participa na 5ª edición do Foro Xuventude en Movemento!

Publicado o 25 de Outubro de 2016

Europe Direct, centro oficial de información da Comisión Europea pertencente á Deputación da Coruña, e a Universidade da Coruña teñen o pracer de convidalo/a ao Foro “Xuventude en Movemento” (5ª edición).

O Foro Xuventude en Movemento susténtase sobre tres alicerces fundamentais para calquera estudante ou titulado/a: formación, emprego e emprendemento. Ademais, completarase con outras actividades lúdicas e formativas.

O Foro está dirixido a estudantes universitarios/as, titulados/as universitarios/as, aquelas persoas interesadas en mellorar as súas habilidades de comunicación e persoas empredendoras que desexen pór en marcha o seu proxecto. Este Foro celebrarase os días 9 e 10 de novembro na Facultade de Economía e Empresa, no Campus de Elviña da Coruña. Ademais, como novidade deste ano, poderás seguilo na sala de videoconferencias do edificio de Apoio ao Estudo no Campus de Esteiro en Ferrol.

Inscrición gratuíta: Dende o 17 de outubro ata o 8 de novembro ás 14:00h.

Máis información: www.xuventudeenmovemento.eu