A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, presentou onte en rolda de prensa o programa de ocio deportivo Depornadal 2013, dirixido a neno@s de 6 a 12 anos de idade empadroados en Narón e de carácter gratuito.
Trátase dunha alternativa de ocio saudable para as vacacións do Nadal, pensada tamén para facilitar a conciliación da vida laboral e familiar, tal e como indicou a edil de Deportes.
Depornadal 2013 vai ter lugar os días 23, 26, 27 e 30 de decembro e o 2 e o 3 de xaneiro.
Que deportes imos poder practicar? 11 disciplinas deportivas diferentes
- Tenis de Mesa
- Tiro con Arco
- Natación
- Judo
- Balonmán
- Voleibol
- Padel
- Fútbol sala
- Baloncesto
- Patinaxe
- Atletismo
Cada día realizaranse dúas actividades diferentes de unha hora e media de duración (de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00 horas) en función do número de inscritos. O horario será sempre de mañá.
Onde se vai poder xogar? Os lugares nos que se desenvolverán as actividades deportivas serán os seguintes:
- Polideportivo de A Gándara,
- Pavillón da Mocidade,
- School Padel Center,
- e San Mateo Centro de Pádel.
Tedes de prazo ata o día 18 de decembro para apuntarvos no Complexo Polideportivo de A Gándara (polas mañás nas oficinas de 9:00 a 13:00 horas e polas tardes na conserxería de 15:15 a 23.00 horas).
A orde e o lugar das actividades poderase consultar na páxina web do Padroado de Deportes do Concello de Narón (http://www.padroadodeportesnaron.com/) e nos taboleiros de anuncios dos pavillóns municipais de Narón a partires do 20 de decembro.
Os participantes deberán traer roupa axeitada para a práctica deportiva (como tenis e chandal). Ademáis, no caso da Natación deberán saber nadar e traer bañador, gorro e chanclas. E para o Patinaxe, deberán traer patíns.
Depornadal 2013 conta coa colaboracións dos seguintes clubes deportivos:
- Club Cidade de Narón,
- Club Arco de Narón,
- A.D. Náutico de Narón,
- Club Narón Volea,
- Club Tenis de Mesa de Narón,
- School Padel Center,
- San Mateo Centro de Pádel,
- A.D. Santiago Apóstol,
- Judo Club Narón,
- Atletismo Narón,
- e Sobrerodas Patinaxe.