Amig@s deportistas! Nova actividade para a xente activa de Narón!
O Padroado de Deportes do Concello de Narón organizará PRÓXIMAMENTE ( domingo 19 de maio, aprazado por mal tempo ) a 1ª edición do programa Depornarúa, unha xornada deportiva no barrio de A Gándara, concretamente na praza Gándara Park e arredores.
Xa sabedes, o 19, témonos que erguer cediño porque ás 10:00 horas arrancan as actividades deportivas. Teremos ata as 14:00 h para disfrutar delas a tope, e chegar á casa mortiñ@s de fame!
Os deportes nos que imos poder participar son os seguintes:
- Baloncesto 3x3
- Tenis de Mesa
- Tiro con arco
- Patinaxe e Free-style
- Spinning e Power Pump
- Judo e Kick-Boxing
- Xogos populares
- Inchable
- Parque Biosaludable
Cruzade os dedos para que non chova! Maloserá!! Se hai mal tempo a actividade será suspendida ata novo aviso.
Esta actividade está organizada polo Padroado de Deportes, como xa dixemos, pero non sería posible facela sen a colaboración de un montón de entidades deportivas de Narón e algunhas empresas, coñecédelas?:
- A.D. Santiago Apostol
- Club Tenis de Mesa Cidade de Narón (http://tenismesanaron.com/)
- Arco Narón (http://clubarconaron.blogspot.com.es/)
- Judo Club Narón
- Kick-Narón (http://kicknaron.com/)
- Sobre Rodas Patinaxe (http://sobrerodaspatinaxe.blogspot.com.es/)
- Ximnasio Beni Gym
- Sedega (http://www.sedega.com/gl)
- ONG Lena (http://onglena.wordpress.com/)
- Coca-Cola
No documento adxunto tedes toda a información sobre a ubicación de cada unha das actividades na Gándara. Descargádea e botádelle un ollo!
Vémonos entón o 19? Ide quencendo os músculos!!