Xa está aquí, xa temos a edición deste ano de DeporNarúa!
Xa está aquí, xa temos a edición deste ano de DeporNarúa!
A Concellería de Deportes de Narón, dirixida pola edil Natalia Hermida, ven de convocar unha xornada de deporte na rúa “DeporNarúa 2013” que se desenvolverá o domingo 15 de setembro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, na praza Gándara Park e arredores.
Que deportes imos poder practicar?
Van ser diferentes tipos de deportes e ectividades...e todas de balde! Só tedes que aportar enerxía!
- Baloncesto 3x3
- Tenis de mesa
- Tiro con arco
- Patinaxe e Free-style
- Spinning e Power Pump
- Judo e Kick-Boxing
- Xogos populares
- Inchable
- Parque Biosaludable
- Remo
Dispositivo de tráfico especial: ide avisando!
Para que se poidan desenvolver estas actividades na praza e nos arredores, deseñaron dende a Policía Local un dispositivo especial de tráfico polo que non se vai poder estacionar na rúa Nicasio Pérez, dende as 08:00 ás 14:30 horas. Ademáis as rúas Mendiño, Pintor Sotomaior (tramo entre Nicasio Pérez e Mendiño) e Vigo (no mesmo tramo que na anterior) van permanecer pechadas ao tráfico e coa prohibición de estacionar nesas horas.
Quen colabora?
DeporNarúa 2013 está promovido polo Padroado de Deportes do Concello de Naron co que colaboran as seguintes entidades:
- Agrupación Deportiva Santiago Apostol
- Club Tenis de Mesa Cidade de Narón
- Arco Narón
- Judo Club Narón
- Kick-Narón
- Sobre Rodas
- Beni Gym
- Sedega
- ONG Lena
- Coca Cola
E se chove?
En caso de choiva, as actividades suspenderanse ata novo aviso.
Vémonos!