O vindeiro 5 de decembro celébrase o Día Internacional dos Voluntarios. Como todos os anos a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado vaise sumar ao recoñecemento do traballo solidario que diariamente desenvolven as máis de 40.000 persoas voluntarias a través de centos de entidades de acción voluntaria, na nosa comunidade autónoma.
En arquivo pdf adxunto ides atopar un tríptico con información dos programas de acción voluntaria e formación que se ofrece desde a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
Documento | Tamaño |
---|---|
Triptico v10.pdf | 435.97 KB |