Gústanvos as actividades náuticas?
Tedes unha nova oportunidade para disfrutar da auga nas Rías Baixas!
Dameuntokian@s, con este programa poderedes realizar diferentes cursos según sexan os vosos gustos:
- Curso de Vela lixeira (15 horas)
- Curso de Windsurf (15 horas)
- Curso de Surf (15 horas)
- Curso de Esquí náutico e Wakeboard (10 horas)
Onde vos tedes que apuntar? Tomade nota: www.tierraymar.net e info@tierraymar.net
O prazo de inscrición comeza o venres 15 de febreiro, un día despois do Día dos Namorad@s, se non tedes o agasallo mercado, esta pode ser unha idea orixinal, non si? E remata 2 días antes da actividade. Pensádeo que tedes tempo, pero andade con ollo! porque as prazas son limitadas (20 persoas como máximo)vanse adxudicar por rigorosa orde de chegada e asignaranse ata esgotar todas as dispoñibles. Se algunha das actividades non ten un mínimo de 5 participantes non se fará o curso. No prazo máximo de 2 días dende o envío da solicitude, recibiredes un correo electrónico no que se vos confirmará, de ser o caso, a adxudicación da praza e o número de conta bancaria para realizar o ingreso
A documentación a tedes que enviar nun prazo de 48 horas dende que vos chegue a confirmación por correo electrónico e é a seguinte:
- Fotocopia escaneada do xustificante do ingreso da cota de participación.
- Fotocopia escaneada do DNI ou da folla correspondente do libro de familia.
- Fotocopia do documento de afiliación á Seguridade Social ou seguro médico privado.
- Declaración responsable de que sabe nadar (anexo que se mandara por email).
- Fotocopia do Carné Xove.
As datas previstas para estes cursos son do luns 25 de marzo ata o domingo 31 de marzo, en horario de maña (10:30 a 13:30 horas) ou de tarde (17:00 a 20:00). Os alumnos poderán escoller 5 días dos sete para realizar a actividade.
Pero, canto me van costar os cursos? Pois co Carné Xove tedes un desconto sobre a tarifa oficial, polo que os prezos serían os seguintes:
- Curso de Vela lixeira: 50 euros con Carné Xove
- Curso de Windsurf: 60 euros con Carné Xove
- Curso de Surf: 70 euros con Carné Xove
- Curso de ski náutico e wakeboard: 90 euros con Carné Xove
Que se inclúe no prezo?
- Material necesario ( embarcacións, seguro, neoprenos..)
- Equipo de monitores de apoio titulados para cada actividade.
- Embarcacións de apoio.
- Seguro de responsabilidade civil e de accidentes
- Material didáctico.
Queredes máis información? Podedes pedila aquí:
- web: www.tierraymar.net
- Email, información e reservas : info@tierraymar.net
- Teléfono de contacto: 661536265
- Folleto en pdf: http://xuventude.xunta.es/uploads/novas/2013/xaneiro2013/Disfruta_do_mar_2013.pdf