Esta iniciativa formativa consiste en seis xornadas de visitas de formación en empresas de distintas zonas da xeografía galega e unha estancia visita de formación de catro días de duración en Portugal.
Coincidindo coas xornadas e estancia visita de formación, haberá encontros sectoriais a pequena escala onde establecer unha dinámica de diálogo e coñecemento mutuo que impulse a aparición de oportunidades de colaboración e mentoring.
DESTINATARIOS
- A actividade vai dirixida a mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos.
- Hai 50 prazas por xornada.
Duración
- Xornadas visitas en Galicia: 1 día completo, con saída pola mañá e regreso pola tarde.
- Estancias visitas en Portugal: 4 días.
Datas
- Ribeira Sacra: do 25 de outubro ás 10:00 horas do 30 de outubro de 2017.
- Lalín: do 25 ao 30 de outubro de 2017.
- Vilalba: do 25 de outubro ao 6 de novembro de 2017.
- Ourense: do 25 de outubro ao 16 de novembro de 2017.
- Betanzos: do 25 de outubro ao 17 de novembro de 2017.
- Negreira: do 25 de outubro ao 4 de decembro de 2017
- Portugal: do 25 de outubro ao 20 de novembro de 2017.
Inscricións
- Mediante formulario electrónico.
Consulta a información completa na seguinte ligazón: sectores, recomendacións,...