NOVAS

En marcha a campaña de doazón de sangue impulsada polo Centro de Transfusión de Galicia e o Concello!

Publicado o 05 de Xullo de 2016

A campaña de doazón de sangue impulsada desde o Centro de Transfusión de Galicia (CTG) e na que colabora o Concello de Narón, co reparto de 11.000 dípticos informativos, iniciouse onte, tendo continuidade ata o mércores 6 de xullo de 2016.

Onde podes doar sangue? Unha das unidades móbiles do CTG estará hoxe, martes, e mañá nas inmediacións do centro de saúde. Sabes onde está, non si? Na rúa 25 de Xullo! Podes achegarte entre as 9:30 a 14:30 horas e entre as 15:30 ata as 21:00 horas.

Cal é o teu grupo de sangue? Desde o Centro de Transfusión de Galicia lembraron que os niveis de reserva máis baixos na actualidade correspóndense cos grupos A+ e B+, se ben destacaron a importancia de que se realicen tamén doazóns do resto de grupos sanguíneos.

Desde o Centro de Transfusión de Galicia e o Concello agradecen a colaboración de todas aquelas persoas que se impliquen nesta campaña. Así mesmo, desde o CTG subliñaron a importancia de incrementar as reservas de sangue no verán, ao ser unha época donde soe incrementarse a demanda debido ao aumento do número de accidentes.

Doa sangue! Vémonos na unidade móbil!