
E o que non vai estar nada mal vai ser o Festival de Comparsas deste ano. O Concello abre o prazo para participar no Festival o luns 28 de xaneiro e vai permanecer aberto ata o 6 de febreiro.
Xa o di o refraneiro galego:
En tempos de Carnaval,
ningunha cousa está mal.
E o que non vai estar nada mal vai ser o Festival de Comparsas deste ano. O Concello abre o prazo para participar no Festival o luns 28 de xaneiro e vai permanecer aberto ata o 6 de febreiro.
Tedes as gorxas preparadas? Apuntádevos e facédenos rir un pouco, que falta fai! As comparsas interesadas en participar opden inscribirse dentro dese prazo nas oficinas do Pazo da Cultura de Narón, de 09:00 a 14:00 horas e de 17:00 a 19:00 horas. Hai que presentar 6 copias das letras das cancións que se van interpretar e os datos persoais do representante da comparsa.
Hai algún requisito? Pois si, as letras teñen que ter relación obrigatoriamente co Concello de Narón e en galego. Cada comparsa ten que ter un mínimo de 15 participantes, na súa maioría maiores de 14 anos.
Hai prazas limitadas, así que correde ao Pazo! Poderanse inscribir 7 comparsas naronesas e 3 de fora. A organización seleccionará aos participantes por rigorosa orde de inscrición. Se non se cubrira o cupo de comparsas de Narón, completarase con comparsas doutros concellos, ou viceversa.
Todas as comparsas recibirán unha axuda. Se son de Narón: 500 €, e se son doutros concellos: 250 €.
Ademáis haberá un premio en forma de figuriña conmemorativa do Entroido que premiará a orixinalidade dos disfraces, o inxenio da crítica feita na canción e a calidade musical, así como o que cada actuaciñon supoña para a recuperación do Entroido en Galicia.
O festival vaise celebrar no Pazo o 9 de febreiro, pero antes haberá un desfile das comparsas dende a Praza de Galicia. Cada comparsa terá 10 minutos para demostrar as súas dotes artísticas e críticas e sobre todo, o seu bo humor.
Xa sabedes Dameuntokianos e Dameuntokianas, temos unha cita co cachondeo nas rúas de Narón!