NOVAS

Entrega de diplomas dos cursos AFD 2013

Publicado o 02 de Abril de 2014

O Concello de Narón acolleu o pasado 27 de marzo o acto de entrega dos diplomas do Programa Accións Formativas para Desempregados (AFD) 2013

da Xunta de Galicia. A delegada territorial da Xunta, Belén Docampo, participou na entrega de diplomas xunto co Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e a Concelleira de Formación Laboral e Emprego, Mª del Mar Gómez.

En total entregáronse 44 diplomas, correspondentes ós tres cursos AFD desenvolvidos no segundo semestre do ano 2013:

  • Curso de Atención sociosanitaria a persoas  no domicilio.

Celebrado do 01-07-2013 ó  21-11-2013.
618 horas de formación
15 alumn@s recibiron diploma, e 9 deles atoparon traballo.

  • Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais.

Celebrado do 08-07-2013 ó 12-11-2013.
468 horas de formación
15 alumn@s recibiron diploma, e 11 deles atoparon traballo.

  • Curso de Montaxe de mobles e elementos de carpintería.

Celebrado do 03-07-2013 ó 13-11-2013.
538 horas de formación
14 alumn@s recibiron diploma, e 1 deles atopou traballo.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, destacou a importancia da colaboración entre institucións para poder desenvolver iniciativas coma ésta, que contou cun orzamento de 164.607 €. Tendo en conta a taxa de inserción destos cursos e as necesidades do mercado laboral actual, o Concello solicitou para este ano 2014 os tres mesmos cursos desenvolvidos no ano 2013.

A tasa de inserción destos cursos ronda o 50%, o cal é importantísimo tendo en conta que en Narón o índice de desemprego acércase ós 4.800 demandantes. “As administracións temos que facer o posible para contribuir a reducir esa cifra, e creemos que o mellor que podemos ofrecer á poboación é precisamente darlle formación, porque para atopar hoxe un traballo hai que estar ben formado” asegurou José Manuel Blanco.

O Alcalde tamén lembrou que no Concello de Narón existe un Servizo de Orientación Laboral, e unha Técnica de Emprego para axudar ós demandantes de emprego a completar su perfil laboral e buscar posibles nichos de emprego e incluso autoemprego.

Pola súa banda, a Delegada Territorial da Xunta destacou a importancia dos cursos AFD xa que os alumnos reciben a través deles “unha acreditación teórica e práctica, e son recoñecidos tamén fora de Galicia. Os beneficiarios están a recibir unha formación de calidade, e orientada ó mercado laboral”, indicou Belén Docampo, quen confirmou a intención da Xunta de Galicia de “continuar realizando estos cursos, e mesmo incrementar o orzamento para desenvolvelos”.