formación en pedagoxía e psicoloxía infantil nas diferentes etapas d@ nen@, ademais de destrezas en globoflexia, manualidades e xogos do mundo.
O pasado día 6 representantes municipais entregaron os diplomas correspondentes ó "Curso de Auxiliar de Monitor de Tempo Libre", organizado pola Asociación Hispano-Ecuatoriana Rumiñahui, entidade coa que o Concello de Narón ten un convenio de colaboración.
O curso foi desenvolvido no mes de decembro de 2013, no sótano da Biblioteca Municipal do Alto, cun total de 40 horas de duración. Participaron 13 alumn@s de diversas nacionalidades (Ecuatorianos, Senegaleses, Cubanos e Colombianos) e foi impartido pola delegada da Asociación Rumiñahui en Ferrolterra, Soledad Lucero.
Durante este curso os asistentes recibiron formación en pedagoxía e psicoloxía infantil nas diferentes etapas d@ nen@, ademais de destrezas en globoflexia, manualidades e xogos do mundo.
O curso serviu para potenciar as habilidades que teñen estas persoas, co fin de permitirlles unha integración real no mercado laboral.