Atletas, xa temos unha nova tempada en marcha!
A Escola de Atletismo de Narón comezará a súa actividade o vindeiro 14 de setembro. Estades pensando en practicar algún deporte? O atletismo é unha opción moi boa, e máis se o facedes na casa, no Club Atletismo Narón. Podedes saber máis sobre esta entidade deportiva do concello na súa web: www.atletismonaron.es
A Escola vai dirixida a rapazas e rapaces dende 6 anos de idade en adiante. A súa actividade desenvólvese no Estadio municipal de atletismo de Río Seco, nos seguintes días e horarios:
- Cadete e infantil: Mércores, xoves e venres; entre as 16:30 e as 18:00 horas.
- Alevín e benxamín: Luns, mércores e venres; entre as 16:30 e as 18:00 horas.
- Prebenxamín e biberón: Luns e mércores; entre as 16:30 e as 17:30 horas.
Como facer a inscrición? Para facer a inscrición podedes utilizar calqueda das seguintes vías:
- Teléfonos: 659221127 / 619161089 / 649780443
- Email: info@atletismonaron.es
- Ou en persoa no estadio de Río Seco.
Non o pensedes máis! Estanvos agardando! Menos pantalle máis deporte! ;)
Documento | Tamaño |
---|---|
Escola de Atletismo do Club Atletismo Narón | 182.84 KB |