NOVAS

A Escola de Música Moderna volve á actividade!

Publicado o 07 de Setembro de 2015

Xa se escoitan ás guitarras ao lonxe! O Concello de Narón abre mañá 8 de setembro de 2015, o prazo para anotarse nas clases de música e nas Aulas de Ensaio da Escola de Música Moderna.

Esta oferta vai dirixida a mozas e mozos de entre 12 e 30 anos que, no caso das clases de música, deben estar empadroad@s na localidade. No caso das Aulas de Ensaio deberán ter como mínimo un integrante de Narón no seu grupo.

Onde podedes inscribirvos? As persoas interesadas poden inscribirse na Oficina Municipal de Información Xuvenil de Narón ata esgotar as prazas, tal e como apuntou a concelleira de Mocidade, Natalia Hermida. Lembrades onde estamos? Estamos no primeiro andar do Concello.

O prezo? O custe é de 8,15 euros por cada usuari@ ou membro de grupo ao mes.

Como se organizan as clases? As clases de música divídense en tres grupos: Guitarra, Percusión e Son. 

  1. As sesións de aprendizaxe musical de Guitarra terán tres horarios posibles, en función dos coñecementos previos dos alumnos. Haberá un grupo de iniciación, mércores e venres de 17.00 a 18.00 horas, e outro de perfeccionamento, mércores e xoves de 18.00 a 19.00 horas. 
  2. As clases de Batería serán os luns e xoves de 20.00 a 21.00 horas 
  3. Baixo será os luns e mércores de 19.00 a 20.00 horas.

As Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade, na Gándara, poderán solicitarse de luns a sábados entre as 16.00 e as 21.30 horas, en función do día da semana.

A edil de Mocidade incidiu en que un dos obxectivos deste tipo de iniciativas é “promover a música realizada por grupos novos e darlles unha oportunidade tanto a nivel formativo como para dar a coñecer o seu traballo”.

Descarga dos impresos de solicitude:

   
Documento Tamaño
SOC18_Solicitude_Musica_Moderna.doc 332 KB
SOC19_Solicitude_Ensaio_Escola.doc 348.5 KB