NOVAS

Escola de Participación Cidadá: mes de xullo

Publicado o 03 de Xullo de 2015

Tes unha asociación? Lembra que durante o mes de xullo permanecerá aberta a Escola de Participación Cidadá. Ollo, en agosto non!

O horario durante este mes de xullo será o seguinte:

  • mércores, xoves e venres entre as 09:30 a 13:30 horas no baixo da Casa da Cultura, na Praza de Galicia
  • os luns e os martes se realizarán visitas aos centros cívicos e realizaranse visitas aos centros cívicos e haberá reunións de seguemento coas asociacións nos seus locais, en horario de mañá e tarde

 

As visitas do persoal técnico poden concertarse no teléfono 629 747 336 ou a través da dirección de correo electrónico: escoladeparticipacion@cidadania.coop

Entre as funcións da Escola de Participación Cidadá están asesorar a entidades sobre como mellorar a comunicación coas persoas, dinamización de barrios, organización de asembleas ou elaboración de actas. 

En setembro de novo retomarase a actividade normal da Escola, mes no que se activarán os catorce Consellos Territoriais dos barrios e parroquias, nos que se incorporarán representantes de todos os grupos políticos municipais e das asociacións de cada barrio.

A partir de setembro tamén continuarán desenvolvéndose os obradoiros de formación sobre as canles de participación cidadá na administración local que figuran na normativa municipal, iniciados o pasado mes de febreiro e dirixidos a entidades locais e novos edís.