NOVAS

Escolares do Colexio Santiago Apostol e o Alcalde de Narón prantaron 35 novos árbores na praza Clara Campoamor

Publicado o 13 de Marzo de 2014

O parque da praza Clara Campoamor (A Gándara) conta con 35 novos árbores.

Quen se animou a prantalos? Pois na da máis e nada menos que 47 alumn@s de 6º de Primaria do Colexio Santiago Apostol, e por membros da Corporación Municipal de Narón, encabezados polo Alcalde, José Manuel Blanco.

Tamén asistiron o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, o Concelleiro de Medio Ambiente, Manuel Ramos, e o concelleiro do PP Hipólito Fariñas.

En representación da Corporación Masaveu, hoxe desprazouse a Narón a directora de Comunicación e Relacións Institucionais do Grupo Masaveu, Alicia Castro Masaveu.

Esta iniciativa foi organizada pola Corporación Masaveu, propietaria da fábrica de cementos Tudela Vegín en Castro (Narón), dentro das súas IV Xornadas de Sensibilización Medioambiental. Con anterioridade, a plantación de árbores realizouse durante tres anos consecutivos na propia fábrica, que xa dispón de máis dun centenar de árbores plantados por escolares.

As especies prantadas foron as seguintes:

  • manzanos: 10 unidades,
  • acacias: 15 unidades
  • e albarrobos: 10 unidades