NOVAS

Escolas Culturais Municipais 2012/2013: o 16 setembro ábrese o prazo de matrícula

Publicado o 09 de Setembro de 2013

O vindeiro 16 de setembro abrirase o prazo de matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura do Concello de Narón que permanecerá aberto ata o 5 de outubro, ámbolos dous inclusive.

O vindeiro 16 de setembro abrirase o prazo de matrícula nas Escolas Culturais do Padroado da Cultura do Concello de Narón que permanecerá aberto ata o 5 de outubro, ámbolos dous inclusive.

As matrículas poderán formalizarse nas oficinas do Pazo da Cultura:

  • de luns a venres 09:00 a 14:00 e de 17:00 a 19:00 h
  • e sábados de 10:00 a 13:00 h.

 

Para máis información poden chamar ó teléfono 981 39 11 44.

 

As Escolas Culturais para este ano son as seguintes:

Escolas Tradicionais:

  • Danza Tradicional: a partir de 5 anos..........................62 €. Curso
  • Gaita: a partir de 6 anos...............................................62 €. Curso
  • Percusión Tradicional: a partir de 6 anos....................62 €. Curso
  • Canto e Pandeireta: a partir de 5 anos.........................62 €. Curso
  • Zanfona: a partir de 8 anos..........................................62 €. Curso
  • Construción de instrumentos: a partir de 16 anos.......62 €. Curso
  • O Recuncho dos Pequechos: 3 e 4 anos ...…..…….62 €. Curso

 

Artísticas:

  • Debuxo: a partir 6 anos...........................................62 €. Curso
  • Teatro: a partir de 4 anos........................................62 €. Curso

 

Escola de Actores e Actrices:

  • Curso de Acceso: a partir de 16 anos......................62 €. Curso
  • 1º, 2º, 3º, e 4º curso: ………………………………205 €. Curso

 

Escola de Danza Contemporánea:

  • Acceso: a partir de 14 anos.....................................62 €. Curso
  • 1º Nivel …………………......................................205 €. Curso

 

Aquelas persoas que teñan tres matrículas ou máis poderán aprazar o seu pagamento, facendo efectiva a parte adebedada do 9  ao 13 de Decembro.

O prazo de devolución de matrículas será ata o 31 de Outubro.

 

Bailes de Salón

  • A partir de 4 anos....................................Matrícula 31 € + 15 €/mes

 

Escolas de música Asociación Cultural  Musical Sementeira

O prazo de matrícula das Escolas de Música abrirase o 16 de setembro ata o 27 de setembro, ámbolos dous inclusive.

As matrículas poderán formalizarse nas oficinas da Asociación Cultural Sementeira sitas no Pazo da Cultura, 2º andar:

  • de luns a venres: 11:00 a 13:00 e de 17:00 a 19:00 h
  • e sábados: de 11:00 a 13:00 h.

 

Para máis información poden chamar ó teléfono 699 458 267

 

A oferta das Escolas de Música é a seguinte:

  • Iniciación á música: 5 e 6 anos …………………… Matrícula 67 € + 7 €/mes
  • Solfexo de 1º a 6º: a partir dos 7 anos e adultos … Matrícula 67 € + 7 €/mes
  • Instrumentos (Saxofón, trompeta, fliscornio, trompa, trombón,   bombardino, tuba, clarinete, requinto, oboe, fagot, frauta traveseira, violonchelo, contrabaixo e percusión.)………………………………………… Matrícula 67 € + 7 €/mes