As persoas interesadas en matricularse nas Escolas Culturais Municipais dispoñen dunha semana máis de prazo para tramitar as súas solicitudes. O período para anotarse amplíase ata o vindeiro 13 de outubro.
INSCRICIÓNS
- As matrículas pódense formalizar nas oficinas do Pazo da Cultura, de luns a venres, en horario de mañá e tarde, de 9.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 horas, e o sábado de 10.00 a 13.00, presentando o DNI da persoa interesada e aboando a correspondente taxa.
A elevada demanda de prazas levou ao Padroado da Cultura a ampliar o horario de matriculación nas seguintes escolas:
- Escolas tradicionais: Danza, Gaita, Acordeón, Percusión tradicional, Canto e pandeireta, Zanfona, Construción de instrumentos e en O Recuncho dos Pequechos.
- Escolas Artísticas: Debuxo e Teatro.
- E na Escola de Formación Actoral.
PREZOS
As persoas interesadas en consultar as tarifas das Escolas Culturais Municipais poden facelo a través do enlace:
MÁIS INFORMACIÓN
Para obter máis información pódese chamar ao Pazo da Cultura, ao número de teléfono 981 391 144 ou escribir un correo electrónico á dirección: d.canovas@naron.es.