Vaia éxito que ten o III Mercado de 2ª Man!
Xa están esgotadas as prazas para as persoas que queiran participar como vendedor@s no III Mercado de 2ª Man. Este evento, promovido polo Concello de Narón, se celebrará o domingo 22 de decembro no Recinto Feiral do Trece (Sedes).
O Concello abríu onte ás 8:30 horas o prazo de inscrición para anotarse a este mercado, e en menos de tres horas estaban cubertas as 60 prazas dispoñibles no recinto, e as outras 10 prazas que se habilitarán na zona exterior, baixo cuberta.
En total, foron rexistrados máis de 90 formularios no primeiro día de inscrición, polo que a organización decidíu dar por finalizado o prazo e situar en lista de espera as 20 últimas solicitudes recibidas onte.
Agora só queda ir preparando o peto! Vémonos en Sedes!