O Ministerio de Educación convoca 110 prazas para a realización de estanzas profesionais en centros educativos
Cantas prazas se convocan?
O Ministerio de Educación convoca 110 prazas para a realización de estanzas profesionais en centros educativos
Onde se realizarían as estanzas profesionais?
As estanzas profesionais en centros educativos de Alemaña, Austria, Bélxica, Francia, Italia, Reino Unido, República de Irlanda e Suíza.
Cales son os requisitos?
- Ser funcionario/a de carreira do corpo de Mestres de Educación Infantil e Primaria, Profesores de Ensino Secundario, Catedráticos de Ensino Secundario, Profesores de Escolas Oficiais de Idiomas, Catedráticos de Escolas Oficiais de Idiomas, Profesores Técnicos de Formación Profesional, Profesores de Música e Artes Escénicas e Profesores de Artes Plásticas e Deseño.
- Estar a impartir docencia de lingua estranxeira ou dunha disciplina non lingüística nalgunha lingua estranxeira, no momento de presentar a solicitude de participación nesta convocatoria.
- Acreditar, polo menos, un nivel de competencia lingüística equivalente ao nivel B2 establecido no Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL) do/dos idioma/s oficial/é de cada un dos países elixidos para realizar a estanza.
Cando se poden solicitar as prazas?
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 5 de maio de 2015
Máis información BOE do 14 de abril de 2015 e en www.educacion.es