Ei que xa están aquí de novo! Non vos esquezades! Temos unha nova cita o sábado coa ONG Lena!
Onde quedamos? Na Praza de Galicia
Para que? Oe, que é a 16ª Edición dos Xogos Solidarios da ONG Lena.
Cando é? O vindeiro sábado 4 de outubro, a partires das 16:30 horas.
Como podemos participar? Achegádevos e poderedes participar en diferentes xogos tradicionais como:
- a chapa
- o brilé
- o pano
- o tiro de corda
- as carreiras de sacos
- os zancos.
Tamén haberá xogos deportivos, coma:
- patinaxe
- futbolín
- tiro con arco
- baloncesto 3 x 3.
Ademais a ONG terá un agasallo ós participantes.
Dende fai anos, a ONG Lena desenvolve un proxecto educativo e solidario na rexión brasileña de LenÇois (Bahía), dirixido a nenos/as desta zona. Ademais van habilitar un punto de recollida de alimentos a favor do Centro de Recursos Solidarios (CRS) de Narón.
Este evento conta coa colaboración do Padroado de Deportes do Concello de Narón. Para máis información pódese consultar a web da ONG Lena: http://onglena.wordpress.com/