Que facer este sábado pola mañá? Si, si...aparte de durmir...que facemos esas xentes inquedas que nos erguemos cedo?...Temos plan ás 11 horas na Biblioteca Municipal do Alto
O sábado 9 de marzo ás 11:00 da mañá terá lugar na Biblio do Alto a presentación do libro da autora naronesa Paula Merlán "Esto no es una fábrica de sonrisas", editado por La Galería del Libro.
En que consiste o acto? É unha presentación, na que a autora fará unha actividade de contacontos acompañada dun pequeno obradoiro participativo. Tamén asinará o conto a todas aquelas persoas que acodan cun exemplar, aínda que non é requisito para participar no contacontos-obradoiro.
Máis datos sobre a autora: chámase Paula Merlán Bajo e naceu alá polo ano 1977. É mestra de primaria e licenciada en Dereito. “Esto no es una fábrica de sonrisas” é o seu primeiro conto publicado, pero xa ten máis en proxecto.
Se queredes coñecer algo máis sobre a obra e sobre Paula, podedes visitar este blog: http://estonoesunafabricadesonrisas.blogspot.com.es/
Dende Narón tamén sabemos contar fermosas historias!