NOVAS

"Eustory" 7ª edición do concurso de historia para mozos e mozas

Publicado o 11 de Xuño de 2014

Eustory é un concurso pensado para mozos e mozas de 14 á 21 anos, cursando 4º ESO, Bacharelato, ESPA e FP.

Consiste na investigación da contorna na que se desenrolan, descubrindo datos esenciais do pasado que fixeron chegar ó presente de hoxe en día. O tema desta 7ª edición é América, o continente co que terán que relacionar a súa procura. Poderán participar mozos e mozas de España, Portugal e de todo o continente americano.

Entregaranse un total de 5 premios:

 

  • Primeiro premio: 2.500€
  • Catro segundos premios: 1.000€
  • As titoras e titores, en caso de participar, tamén recibirán un premio en metálico.

 

Data límite de presentación: 18 de agosto de 2014

O traballo tanto pode ser individual, como en grupo, e pódese presentar en calquera formato: traballo documental, proxecto audiovisual, representación teatral, desenvolvemento web...

Para máis información: http://eustory.es/