NOVAS

Explícoche Matemáticas 2.0

Publicado o 02 de Marzo de 2015

Explícoche Matemáticas 2.0 é unha iniciativa convocada por educaBarrié e a Facultade de Matemáticas da USC.

Quen pode participar? 

  • Alumnado  do  Sistema  Universitario  de  Galicia  (Universidade  de  Santiago  de  Compostela, Universidade da Coruña e Universidade de Vigo), procedentes de titulacións de Grao ou Máster, que poderán participar de maneira individual ou en grupos de, como máximo, 3 persoas.
  • Estudantes de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato dos centros de educación secundaria de Galicia, en grupos dun máximo de 3 estudantes, coordinados por un profesor ou profesora.

 

En que consiste Explícoche Matemáticas 2.0? 

Cada participante ou grupo, ten que presentar un vídeo de 2 minutos máximo, sobre un tema relacionado coas Mates.

Pódense presentar de 2 xeitos:

  • + formal: definición dun concepto, un teorema, unha idea intuitiva e ou aplicación
  • recoller diferentes manifestacións da matemática na vida cotiá, de carácter cultural, artístico ou social

 

Como condición: ten que ser en galego! As persoas participantes poden usar calquera recurso multimedia, audiovisula ou artístico para realizar as curtametraxes, por suposto, or traballos teñen que ser inéditos e orixinais.

Como o hai que presentar? Os concursantes deberán subir a unha canle de youtube o vídeo confeccionado e suministrar un link válido para o visionado da curtametraxe. Os vídeos deben ter boa calidade tanto visual como de son.

Que información temos que achegar? Hai que achegar os seguintes datos:

  1. Categoría na que participa.
  2. Enderezo electrónico e teléfono.
  3. Centro ao que pertence e estudos que realiza, se é o caso.

Ademais hai que suministrar un informe en formato Word ou PDF:

  • Título do traballo.
  • Breve motivación.
  • Nome e apelidos de cada participante (profesor e alumnos).
  • Enderezo postal e correo electrónico de contacto.
  • Teléfono de contacto.

 

Autorización: Hai que presentar unha autorización (achegada para descarga nesta mesma nova) para o uso da imaxe de cada unha das persoas que aparezan no vídeo de cara á exposición pública do vídeo na páxina web da Facultade de Matemáticas, nas páxinas web propiedade da Fundación Barrié e a través das redes sociais

O prazo? Hai que remitir os proxectos antes do 8 de abril de 2015 utilizando este formulario Participa

Onde enviar os proxectos? Os proxectos e a documentación (link a youtube, informe, DNI do profesor e autorización dos menores) deberán remitirse utilizando o formulario “Participar” da sección correspondente ó certame da web Mateblog.

O Concurso Explícoche Matemáticas 2.0 desenvólvese en 2 categorías:

  • Categoría A: 2º Ciclo da ESO e Bacharelato.
  • Categoría B: Universidade.

Os premios entregaranse en maio, para celebrar o Día das Letras Galegas. Outorgarase un premio por categoría consistentes en material informático, audiovisual, didáctico ou educativo.

Quen vai xulgar os traballlos? O xurado que valorará os proxectos presentados estará integrado pola Comisión de Normalización Lingüística da Facultade de Matemáticas, un docente de ensino medio designado pola CNL, un representante do Servizo de Normalización Lingüística da USC e un representante da Fundación Barrié.

Votación dos internautas! Tamén se recoñecerá o vídeo mellor valorado polos internautas. Unha selección dos vídeos participantes estarán dispoñibles a través da rede para o público en xeral, establecendo un mecanismo de votación na web para designar  o  vídeo  máis  popular, o  que  se  anunciará  a través  da  páxina  web  da  Facultade  de Matemáticas e da web Mateblog.

O fallo do xurado publicarase na páxina web da Facultade de Matemáticas (http://www.usc.es/mate) e tamén na web Mateblog (http://mateblog.educabarrie.org/) . Aos grupos gañadores, comunicaráselle por escrito.

+ info: