NOVAS

Exposición de Instrumentos de Percusión no Pazo da Cultura

Publicado o 01 de Abril de 2014

Gústavos a música! Abofé que si! Pois tedes unha exposición de instrumentos de percusión tradicional galega no Pazo da Cultura! Imos?

Gústavos a música! Abofé que si! Pois tedes unha exposición de instrumentos de percusión tradicional galega no Pazo da Cultura! Imos?

Esta mostra está realizada pol@s alumn@s do Obradoiro de Construción de Instrumentos de Percusión Tradicional Galega, promovido polo Padroado de Cultura do Concello de Narón.

Hai moitos instrumentos? Trátase dunha serie formada por 60 instrumentos (coma pandeiretas, bombos, tambores ou charrascos) creados a partires dun proceso de investigación, recuperación e restauración das raíces instrumentais da música tradicional galega. Son polo tanto unha mezcla da sabiduría e a experiencia do alumnado de maior idade, e os proxectos máis innovadores dos alumnos máis novos. Entre os elementos máis destacados figuran un organillo restaurado polos alumnos e unha carraca de 2,5 metros de alto por 2,5 de ancho, en forma de cruz de San Andrés, similar á que existe na Catedral de Santiago de Compostela.

Ademais da recuperación artesanal dos instrumentos, os participantes neste Obradoiro aprenderon outros conceptos relacionados cos instrumentos, coma a afinación ou o acabado.

Participaron moit@s alumn@s? En total participaron 50 persoas repartidos en catro grupos, con clases de 3 horas semanais, durante un período de 9 meses (entre outubro ata xuño).

A mostra foi inaugurada onte ás 19:00 horas polo Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, e poderá visitarse ata o vindeiro martes 22 de abril, no horario habitual do Pazo da Cultura.