Bulide!
Hoxe remata esta exposición "Maquila Boutique" que leva aberta todo o mes de outubro na Biblioteca Muncipal do Alto, en horario de atención ao público.
Trátase dunha mostra formada por 14 paneis e 15 pezas de roupa cos que se pretende denunciar a explotación laboral por parte das compañías sobre as que existen informes ao respecto nos países do sur.
O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e as Concelleiras de Educación e Bibliotecas (Mª del Carmen Espada) e Acción Social (Catalina García) visitaron a semana pasada esta exposición promovida pola ONG Implicadas no desenvolvemento.
Se vos interesa coñecer algo máis desta exposición, descargade este material en PDF.
Documento | Tamaño |
---|---|
Documentación Maquila Boutique e Implicadas no desenvolvemento.pdf | 405.95 KB |