NOVAS

Felicita o Nadal 2015 en galego!

Publicado o 21 de Decembro de 2015

Xentiña de Dameuntoke! Xa comezou a campaña de "Felicita o Nadal en galego!”

Unha proposta do Concello para que todos e todas nos animemos a utilizar a lingua galega para felicitar estas festas á nosa xente cunhas postais que se poden compartir dende esta ligazón: www.naron.es. A través dun banner pódense ver cinco modelos de postais navideñas para descargar ou compartir a través do Facebook e do Twitter. Como molan! Cal é a vosa favorita?

Se temos algunha dúbida con algunha verba, podemos recurrir ao Servizo de Normalización Lingüística do Concello para que nos revisen os textos das felicitacións, enviándoos ao correo electrónico: a.pita@naron.es.

A concelleira Mercedes Taibo indicou que “este ano hai cinco modelos diferentes de postais pero a idea é ir incrementando a cantidade ano tras ano, para que os usuarios e usuarias dispoñan dunha oferta máis ampla”. A edil animou aos veciños e ás veciñas a facer uso deste servizo, gratuíto, para felicitar estas datas de Nadal “e, ao tempo, fomentar o uso da lingua galega”.

Nós xa temos a nosa subida  a Facebook e Twitter! A que agardas?