Amig@s de Dameuntoke, xa tedes as postais de felicitación enviadas?
Amig@s de Dameuntoke, xa tedes as postais de felicitación enviadas? Non? Pois atendede...
O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón presentou hai uns días en rolda de prensa a campaña "Felicita o Nadal en galego".
"Felicita o Nadal e galego" é unha acción destinada a promover o uso do galego entre a cidadanía. De que vai? A campaña consta de diverso material que podedes usar para felicitar aos vosos seres queridos por estas datas. Tedes á vosa libre disposición tres postais que podedes descargar ou enviar directamente dende a web. Ademáis, para os que lle dades máis aos SMS hai tamén diferentes textos en lingua galega para enviar dende os vosos teléfonos.
Onde podedes ver este material? Na web do Concello: www.naron.es están dispoñibles todos estes materiais navideños. Tedes que premer sobre o banner da esquerda "Felicita o Nadal en galego" e xa accederedes á páxina onde está todo almacenado.
Dende a Concellería de Educación e dende Dameuntoke animámosvos a todos e todas a que empreguedes estes recursos para felicitar o Nadal a familiares e amig@s.Así que xa sabedes: Felicita o Nadal en galego!