NOVAS

Festa de Fin de Ano na Praza de Galicia!

Publicado o 23 de Decembro de 2013

Xentiña! Para rematar o ano imos ter unha boa Festa de Fin de Ano na Praza de Galicia, e de balde!

Unha enorme carpa de 1400 metros cadrados vai albergar no seu interior dous escenarios nos que actuará unha orquesta e tres DJ´s. O aforo vai ser limitado e dentro contaremos con servizo de roupeiro, barras, e zona de descanso con cadeiras.

As actuacións musicais correrán a cargo da Orquesta Fania Show, que comezará ás 00:30 horas do 1 de xaneiro do 2014! Posteriormente irán actuando DJ Donper e Imperium Road Show (previsto para as 03:30 horas). Estes últimos farán un "revival" musical daqueles anos 80 e 90 nos que moitos de nós aínda non nacéramos!

Este ano a iluminación terá unha importancia especial na noite de Fin de Ano. Dende a Praza de Galicia, proxectarase un cañón de luz cunha lonxitude de 5 kilómetros de altura, que se poderá ver dende toda a comarca. Ademáis unha das fachadas do Concello se empregará como pantalla xigante para proxectar imaxes, que se poderán ver dende a Estrada de Castela.

Para por o broche de ouro desta Festa de Fin de Ano, haberá unha sesión de Fogos de Artificio sobre as 01:00 horas. Que chulo vai estar!

Vémonos alí?