Sabedes que día é o 3 de decembro? O Día das Persoas con Discapacidade.
O Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros (A Gándara) acollerá o día 10 de decembro a partires das 17:00 horas unha festa organizada por oito asociacións:
- Vida Activa (http://www.asociacionvidaactiva.org/Vida_Activa/inicio.html)
- Teima (https://www.facebook.com/pages/TEIMA-DOWN-FERROL/140204332750679)
- Cogami (http://www.cogami.es/es/)
- Aspanemi (http://aspanemi.blogspot.com.es/)
- Chamorro (https://es-es.facebook.com/pages/ASOCIACION-NTRASRA-DE-CHAMORRO/115871125103755)
- Aspanaes (http://www.aspanaes.org/)
- Afaes (http://www.feafesportanova.org/)
- ASCM (http://www.ascmferrol.com/)
Este acto faise co motivo de celebrar este Día das Persoas con Discapacidade. Esta actividade conta coa colaboración da Concellería de Igualdade e Promoción Social do Concello de Narón.
O programa de actos é o seguinte:
- 17:00 horas: Lectura dos Dereitos Humáns e do Manifesto sobre a Discapacidade (aprobado por unanimidade no derradeiro Pleno Ordinario do Concello de Narón, celebrado o pasado 28 de novembro).
- 17:30 horas: Obradoiro de musicoterapia e baile.
- 18:00 horas: Espectáculo de Maxia.
- 18:30 horas: Merenda.
O Manifesto sobre a Discapacidade está promovido por estas oito entidades sociais e a través do mesmo os seus usuarios reclaman o seu dereito a estar incluídos no contexto no que viven e a ter unha boa calidade de vida. Teñen todo o dereito, non si?
A pesar de ser persoas con diversidade funcional:
- saben que son cidadáns de pleno dereito
- queren participar da sociedade e da comunidade
- teñen dereitos e obrigas
- os seus dereitos están recoñecidos na Constitución Española de 1978 e no Estatuto de Autonomía de Galicia, a Constitución rexe para toda a cidadanía española calquera que sexa a súa condición, e os seus dereitos tamén están recollidos na Convención Internacional de Nacións Unidas sobre as persoas con discapacidade.
Iremos á festa, non?