NOVAS

Final da Copa Galicia EBA 2015-Narón de Baloncesto

Publicado o 20 de Outubro de 2015

O concelleiro de Deportes, Román Romero, o presidente do Club Baloncesto Narón-Santiago Apóstol, Juan Manuel Pérez Porto, e a tesoureira do citado clube, Rosa María Aguiar, anunciaron onte a celebración, o vindeiro domingo día 25, da final da Copa Galicia EBA 2015-Narón.

O Club Baloncesto Narón-Santiago Apóstol disputará a final, por segundo ano consecutivo, co equipo Santo Domingo de Betanzos ás seis da tarde nas instalacións do pavillón polideportivo da Gándara.

A Federación Galega de Baloncesto e a Agrupación Deportiva Colexio Santiago Apóstol organizan esta convocatoria.

O presidente do clube apuntou que as entradas para ver o partido, que se poderán adquirir o mesmo día do evento deportivo no pavillón da Gándara, custarán tres euros aos maiores de 18 anos.

O edil de Deportes de Narón animou á veciñanza da localidade e da comarca a acudir a esta cita deportiva o vindeiro domingo. O Concello de Narón colabora con esta actividade, a través do Padroado de Deportes, tal e como recordou Román Romero.