NOVAS

Finalizan con éxito de público as I Xornadas de Diversidade Funcional nas que participaron tres entidades sociais en colaboración co Concello

Publicado o 02 de Febreiro de 2015

As I Xornadas de Diversidade Funcional desenvolveronse no mes de xaneiro no Café Teatro do Pazo da Cultura.

Esta iniciativa foi organizada polas asociacións ASCM, Vida Activa e Nuestra Señora de Chamorro en colaboración co Concello.

O programa levouse a cabo en tres sesións. En cada unha delas actuou un grupo de teatro das asociacións, en este orde:

  • Venres día 9 de xaneiro: ASCM
  • Venres día 16 de xaneiro: Asociación Vida Activa
  • Venres día 30 de xaneiro: Asociación Nuestra Señora de Chamorro.

 

Ó finalizar cada unha destas funcións, os asistentes participaron nunha merenda compartida. Ademáis, na sesión do venres 30 rendeuse homenaxe a Paco Sanesteban, ex voluntario das tres asociacións e colaborador das mesmas (ten escrito obras de teatro para varias entidades).

Esta iniciativa forma parte dunhas xornadas informativas sobre os dereitos das persoas con diversidade funcional, co fin de reforzar as actuacións dirixidas a colectivos vulnerables e fomentar a inclusión das persoas con diversidade funcional, atendendo ás súas necesidades especiais. 

No mesmo marco, tamén se celebrou no Centro Comercial e de Ocio ‘Dolce Vita Odeón’ o pasado 12 de decembro (coincidindo coa celebración do Dia Internacional da Diversidade Funcional) un acto reivindicativo