A Dirección Xeral de Xuventude convoca o curso de Formación para a dinamización da igualdade de xénero dende entidades xuvenís
Cales son os obxetivos deste curso? Revisar e analizar as repercusións das relacións sexo- xénero no desenvolvemento integral de mozos e mozas, analizar como incorporar a perspectiva de xénero nos obxectivos e actuacións dunha entidade xuvenil.
E a finalidade? Analizar como os factores relacionados coa socialización dos roles de xénero tradicionais inflúen nos hábitos de saúde da mocidade.
Quenes son os destinatarios deste curso? O persoal da Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, mocidade entre 18 e 30 anos e outras persoas interesadas na temática do curso.
Canto dura o curso? Ten unha duración de 20 horas.
Cantas prazas se ofertan? Ofértanse 50 prazas.
Cales serán os contidos do curso?
- Relación sexo- xénero.
- Reproducciń dos esteriotipos de xénero nos espazos de relación entre mozos e mozas.
- Incorporar a perspectiva de xénero nos espazos educativos con mocidade.
O curso será presencial, semipresencial ou a distancia? Será a distancia.
Cando nos podemos inscribir? Do 8 ao 23 de xuño de 2015.
Cando se prevee que se realice o curso? Do 30 de xuño ao 4 de setembro de 2015.
Onde podemos pedir máis información sobre o curso? No correo electrónico oixuventude.traballo@xunta.es ou nos números de teléfono 881 997 604/ 881 997 607
O formulario de inscrición atoparémolo na seguinte dirección http://xuventude.xunta.es/2013022613188/xornada-de-emprendemento-santiago.html