FORMATour ten como obxectivo a formación en varias habilidades transversais potenciadoras do emprego e que fortalecen o emprendemento da mocidade. A iniciativa combina actividades formativas presenciais en grupo, actividades formativas personalizadas e sesións de coaching.
Este itinerario formativo vai dirixido a mozos e mozas galegos/as e portugueses con idades comprendidas entre 18 e 30 anos. AS sesións vanse desenvolver nos 12 Espazos Xove da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.
En cada sede haberá un mínimo de 6 e un máximo de 12 persoas.
Inscricións
- Do 25 de outubro ás 12:00 horas do día anterior a realización da xornada presencial.
- Mediante o envío de formulario electrónico
- As prazas adxudicaranse por orde de inscrición.
Consulta nesta ligazó a información completa: sedes, metodoloxía...