NOVAS

A gaiteira Susana Seivane actuará este sábado no Pazo da Cultura

Publicado o 17 de Decembro de 2015

A gaiteira e cantante Susana Seivane –nacida en Barcelona aínda que de ascendencia galega- dará un concerto este sábado, día 19, no Pazo da Cultura

A música folc tradicional de Seivane chega a Narón con temas do seu quinto álbum, Fiz, inspirado na súa maternidade e que leva o nome do seu primeiro fillo, nacido en 2013.

A actuación comezará ás 20.00 horas e terá unha duración aproximada de hora e media, tempo no que a gaiteira fará gozar aos asistentes cun amplo repertorio de pezas tradicionais e de autor, interaccionando co público.

 

  • As entradas poden adquirirse na taquilla do Pazo a un prezo de 9,50 euros para o público en xeral e de 6,65 euros para abonados, persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e desempregados/as.
  • O horario de despacho de billetes é de luns a venres, entre as 10.30 e as 14.00 horas e de 18.00 a 20.30 e os sábados de 10.00 a 13.00 e desde as 17.00 ata as 20.00 horas.
  • Poden tamén facerse reservas chamando ao número de teléfono da taquilla, o 981 102 897.