“Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil”
O Pazo da Cultura de Narón acollerá o vindeiro sábado 12 de abril a “Gala Solidaria a favor da asociación Alba Pérez, de loita contra o cancro infantil”.
O evento está organizado pola delegación galega desta asociación -coordinada pola estilista Mónica Cereijo- en colaboración co Concello de Narón.
A Concelleira de Promoción Social, Teresa Sabio, fixo un chamamento á participación nesta gala, de marcado carácter solidario e cuxa recadación irá destinada integramente á investigación contra esta enfermidade.
As entradas están xa á venda nas billeteiras do Pazo da Cultura (prezo: 5€) e agárdase a presenza dos seguintes artistas:
- Leo KCH (grupo de Rap)
- Martín Varela (Ilusionista)
- Fran Nogueira (Monologuista e Presentador)
- Bucanero (Dúo Cómico)
- La GuaGua (Animación infantil)
- Payaso Popín
- Susana Seivane
- Fusion Dance (Academia de Baile)
- Dani Ríos (Cantante)
- Víctor Grande (Artista)
Ademáis, haberá numerosos sorteos de produtos cedidos polos colaboradores.
A “Asociación Alba Pérez de Loita contra o cancro infantil” foi creada en marzo do ano 2012 polos pais de Alba, unha nena á que se lle diagnosticou con 5 meses de idade un agresivo sarcoma de Ewing (cancro infantil) e faleceu tras librar unha longa e durísima loita contra a enfermidade, 5 anos despois.
Esta asociación foi creada co único obxectivo de recadar fondos para investigar o cancro infantil e ata hoxe xa ten doado:
- 56.000 € ó laboratorio de investigación do Hospital San Joan de Deu de Barcelona.
- 200.000 € a Oscar Martínez, investigador e responsable do departamento de Sarcomas do centro Idibell en Barcelona.
Desgraciadamente cada ano se diagnostican 1.200 novos casos coma o de Alba, e segundo a FEDER (Federación Española de Enfermidades Raras) esta enfermidade está clasificada coma rara e polo tanto, practicamente non se destinan fondos públicos para investigala. Por ese motivo, a Asociación Alba Pérez segue loitando para recadar fondos e financiar novas liñas de investigación que permitan encontrar unha cura.
O pai de Alba Pérez ten confirmada a súa presenza na Gala do Pazo da Cultura, o vindeiro sábado 12 de abril.
Pódese colaborar económicamente coa asociación, a través de varias formas:
- Conta corriente: 2100-0638-66-0200191250 (La Caixa)
- Donativos de cuantía libre, a través de tarxeta de crédito:
http://www.migranodearena.org/asociacionalba3
- Donativos de 1 € ó mes, a través de conta corriente ou tarxeta de crédito:
https://www.teaming.net/sialbalucha-yolucho
Para máis información sobre a Asociación, pódese consultar a web oficial: