A Cidade da Cultura propón o concurso "Galicia é auga" co fin de achegar ó público á exposición Auga Doce.
"Galicia é auga" consiste en subir imaxes relacionadas co encanto que recolle a auga doce de Galicia, tanto sexa de fontes, augas termais, da choiva, ríos...
Trata de facer que os participantes reflexionen sobre este medio natural como é a auga, buscándolle o encanto, pero tamén os inconvenientes que pode chegar a proporcionar.
Haberá dúas categorías con tres premios cada unha:
- Xuvenil: de 13 a 17 anos
- Adulta: a partires dos 18 anos
Os gañadores poderán disfrutar de experiencias únicas:
- para a categoría xuvenil: unha aventura en kajak polos Cañóns do Sil xunto cunha estancia na Ribeira Sacra
- para a categoría adulta: un fin de semana termal nun dos balnearios galegos
O prazo para subir as fotos ó facebook da Cidade da Cultura será ata o próximo 13 de xullo.