Rapaces e rapazas que seguides Dameuntoke, a Concellería de Formación Laboral e Emprego de Narón, dirixida pola edil Mª del Mar Gómez, organiza cursos para @s que estades desempregad@s! E xa está aberto o prazo de inscrición para este programa de formación denominado: Habilita 2013.
Este programa permitirá atender a 470 persoas desempregadas que estean empadroadas en Narón. Se é o voso caso poderedes realizar varios cursos do total da oferta, sempre que garden relación entre eles.
En conxunto, o Concello ofrecerá un total de 22 accións formativas, divididas en seis ámbitos:
Ámbito das novas tecnoloxías:
- Iniciación á búsqueda de emprego en Internet
- Iniciación ó uso de navegadores, correo electrónico e perfís de redes sociais para o emprego
- Iniciación á procesador de textos Word
- Iniciación á folla de cálculo Excel
- Iniciación á base de datos Access
- Aplicativos libres
Ámbito interprofesional:
- Prevención de riscos e saúde laboral
- Atención interprofesional ó público
- Manipulación de alimentos
- Destrezas básicas de camareiro/a. Cafetería, bar e restaurante
- Iniciación a teleoperador de ventas
Ámbito de mellora da empregabilidade:
- Destreza de mellora de capacidades persoais e profesionais
- Obradoiro de adestramento de entrevistas profesionais
- Sesións de elaboración de cartas de presentación profesionais e currículums
Ámbito de iniciación para o emprendemento: diversas ocupacións
- Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación ó manexo de invernadoiros
- Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación á maquinaria agroforestal manual lixeira
- Ocupación agropecuaria e forestal: Iniciación á cría de galiñas poñedoras e aves de engorde
- Ocupación de comercio electrónico: Iniciación ás plataformas e técnicas de comercio electrónico
Ámbito profesional ou ocupación de limpeza industrial:
- Técnicas, produtos e útiles de limpeza industrial aplicada
Ámbito interprofesional de innovación e transferencia de coñecemento:
- Obradoiro de transferencia de coñecementos para universitarios I
- Obradoiro de transferencia de coñecementos para universitarios II
- Obradoiro de destrezas de autonomía na utilización e funcionamento con equipos informáticos domésticos
Estes cursos non van ter todos a mesma duración, irán dende as 10 horas ata as 60 horas dos máis longos, permitindo aos beneficiarios e beneficiarias asistir a varios deles en poucos días.
Estas accións formativas van traballar destrezas concretas sen abordar competencias profesionais propias de certificados de profesionalidade ou cualificacións máis altas e longas.
Habilita 2013 ten un caracter polivalente, facilitando aos asistentes aplicar distintas técnicas aprendidas a diferentes profesións e ocupacións.
Calquera veciño/a de Narón que sexa demandante de emprego, pode presentar a solicitude para unha ou varias accións formativas. A admisión nos cursos será por riguroso orde de inscrición, tendo preferencia os que estean inscritos nas primeiras opcións do programa.
Para facer a inscrición podedes descargar os formularios no banner da web do Concello de Narón (www.naron.es) ou ben solicitándoo no Rexistro Xeral do Concello, onde teredes que presentalo cuberto. O horario de apertura do Rexistro Xeral é de 08:30 a 13:30 horas.
Estes cursos vanse celebrar no mes de decembro con diferentes horarios e en diferentes días. As persoas inscritas serán avisadas por correo electrónico ou por teléfono.
Aproveitade a oportunidade rapaces e rapazas! Non perdades o tempo!