Hoxe, xoves 21 de xaneiro, entregáronse un total de 63 diplomas aos alumnos e alumnas que participaron nos programas formativos municipais "Habilita 2015" e "Mocifor 2015".
Os encargados de facer entrega destes recoñecementos foron José Manuel Blanco, o alacalde, e Natalia Hermida, a edil de Formación e Mocidade.
Habilita 2015
- En total entregáronse 48 diplomas, correspondentes a “Xestión de almacén e carretilleiro/a”; as dúas edicións de “Prevención de riscos laborais”e a “Autoemprego”.
Mocifor 2015
- En total entregáronse 15 diplomas, do curso “Xestión de almacén e carretilleiro/a”.
Estes cursos estiveron dirixidos a persoas desempregadas e empadroadas en Narón. Na modalidade de "Mocifor 2015" o acceso estivo limitado a participantes entre 18 e 35 anos.
A duración dos cursos
O curso de “Prevención de riscos laborais” tivo unha duración de 60 horas, e os restantes de 100 horas cada un.
A edil de Formación e Mocidade, Natalia Hermida, valorou a participación do alumnado e felicitounos por ter rematados estes cursos programados desde o Concello. O alcalde, José Manuel Blanco, incidiu en que “é o tempo da formación” e comprometeu o apoio do goberno local a este tipo de convocatorias, ao tempo que desexou moita sorte aos alumnos e alumnas que recibiron os seus diplomas e expresou o seu desexo de que mellore a situación e descendan as preocupantes cifras de desemprego.