Dende o 26 de decembro e ata 4 de xaneiro celebrarase o programa DeporNadal, así o anunciou o concelleiro de Deportes, Román Romero, oferta que está dirixida a nenas e nenos entre 6 e 12 anos empadroados en Narón, as inscricións deben realizarse na conserxería do pavillón polideportivo da Gándara ata o xoves 22 de decembro, en horario de 9:00 a 13:00 e de 15:15 a 23:00. O prezo e de balde, polo que aquelas actividades que precisen levar roupa especial hai que telo en conta para traela e poder participar.
Recordarvos que será en horario de mañá e que entre outras actividades vos poderedes apuntar a:
- Luns 26 de decembro
- Fútbol sala - será no pavillón de Campo da Serra, onde haberá fútbol sala de 10.00 a 11.30 a cargo do (Club Cidade de Narón)
- Tenis de mesa - será no pavillón de Campo da Serra, de 11.30 a 13.00 a cargo do (Club Tenis de Mesa Narón)
- Martes 27 de decembro
- Tiro con arco - será no Pavillón da Mocidade, a cargo do (Club Arco Narón)
- Patinaxe - será no Pavillón da Mocidade, a cargo do Patinaxe (ADC Gazapo)
- Mércores 28 de decembro
- Remo- será no polideportivo da Gándara, de 10.00 a 11.30 a cargo do (Club Remo Narón)
- Natación - será no polideportivo da Gándara, de 11.30 a 13.00 a cargo da (Agrupación Deportiva Náutico Narón)
- Xoves 29 de decembro
- Judo - será no polideportivo da Gándara, a cargo do (AD Judo Club Narón)
- Balonmán - será no polideportivo da Gándara, a cargo do (Club Balonmán Narón)
- Venres 30 de decembro
- Voleibol- será no polideportivo da Gándara, a cargo do (Club Narón Bolea)
- Baloncesto - será no polideportivo da Gándara, a cargo do (AD Santiago Apóstol)
- Luns 02 de xaneiro
- Xadrez - de 10.00 a 13.00 no local social do Alto do Castiñeiro , a cargo do (Círculo Xadrez Narón)
- Martes 03 de xaneiro
- Golf - nas instalacións do Club de Golf Campomar, no lugar de Vilacornelle (O Val), a cargo do propio Club
- Mércores 04 de xaneiro
- Padel - ás 10.00 no PadelByFit, no polígono Río do Pozo e os de 10 a 12 anos á mesma hora nas instalacións do Padel San Mateo, rematando as clases en ambos casos ás 13.00 horas